Este blog de orientación educativa está creado para informar e ofrecer recursos de elaboración propia ou extraídos da rede a toda a comunidade educativa (alumnado, familia, profesorado)
Que
non poidamos visitar en persoa este ano as facultades da USC non significa que
non poidades coñecer o que a USC oferta:
graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e
colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural,
programas de voluntariado...
Para
que poidades mergullarvos no cosmos universitario, nestas Xornadas poderedes
preguntar directamente todo o que precisedes sobre a vida na universidade.
Para unirse aos encontros so tedes que escoller a Videoconferencia e decidir o horario. Conectades a través da web sin necesidade de inscrición. Non precisades descargar nin instalar nada. Moi sinxelo, asi que animádevos porque é unha fantástica oportunidade que brinda a USC para axudarvos a coñecer distintos grraos e posteriomente decidir!