martes, 5 de mayo de 2020

ESTUDANTES NACIDOS EN 2007/08


estalmat_galicia1

FACULTADE DE MATEMÁTICAS


                                                    Proxecto ESTALMAT-Galicia (Estímulo do Talento Matemático en Galicia) realizamos anualmente unha proba para seleccionar aos estudantes interesados en participar no programa. A proba víñase celebrando nos primeiros días de xuño e abríase un prazo de inscrición previa durante o mes de maio.Nas actuais circunstancias non é posible realizar o proceso selectivo, nas condicións habituais, na data prevista e, lamentablemente, a día de hoxe, é difícil prever unha data concreta para a selección dos estudantes da promoción ESTALMAT-Galicia 2020 –2022. Non obstante, de acordo coa Coordinadora Nacional de ESTALMAT-Galicia temos previsto realizala unha vez iniciado o curso escolar 2020-2021, sen que poidamos precisar a data concreta
De acordo co que viña sendo habitual, ábrese un período de inscrición entre o 10 de maio e o 20 de xuño, reservando a posibilidade de abrir un período complementario uns días antes da proba. A nosa intención é retomar as actividades presenciais cando poidan ser seguras e saudables para todos, nas condicións que vaian marcando os tempos. Toda a información sobre a inscrición e novidades en canto a proba de selección serán publicadas na nosa páxina web 


No hay comentarios:

Publicar un comentario