jueves, 18 de marzo de 2021

Encontros Virtuais na Zona USC, 23-24-25 de marzo de 2021

 Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC  

Que non poidamos visitar en persoa este ano as facultades da USC non significa que non poidades coñecer o que a USC oferta:  graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Para que poidades mergullarvos no cosmos universitario, nestas Xornadas poderedes preguntar directamente todo o que precisedes sobre a vida na  universidade.

 
Para unirse aos encontros so tedes que escoller a Videoconferencia e decidir o horario. Conectades a través da web sin necesidade de inscrición. Non precisades descargar nin instalar nada. Moi sinxelo, asi que animádevos porque é unha fantástica oportunidade que brinda a USC para axudarvos a coñecer distintos grraos e posteriomente decidir!