martes, 16 de noviembre de 2021

FAMILIAS. Formación gratuíta.

 terapeuta de apoyo consolando a un hombre joven que perdió a sus padres en terapia de grupo para personas en duelo - escuela padres adolescentes fotografías e imágenes de stock

En Cruz Vermella estamos a desenvolver o proxecto: "Apoio á Parentalidade Positiva" destinado a familias con nenos e nenas e financiado pola Xunta de Galicia. O obxectivo é fortalecer ás familias e capacitalas para poder realizar a sua labor de xeito efectivo. 

 

No marco deste proxecto convidámosvos a participar o sábado 20 de novembro de 10:00 a 11:30 horas ó seminario on line en directo sobre "Resolución de conflictos", que será impartido por Juan Manuel Romero, psicólogo especialista en trauma e disociación da personalidade.  

 

No contexto familiar en ocasión xurden os conflictos e poida que en ocasións che custe manexalos e que botes de menos ter as ferramentas axeitadas para poder resolvelos adecuadamente.  Por iso dende Cruz Vermella che propoñemos este seminario sobre ?Resolución de conflictos?. Nel trataremos temas como: Hábitos comunicativos, estratexias de resolución de conflictos, normas e límites,  tempo en familia? 

Este webinar é unha actividade gratuíta e aberta á participación de calquera familia. Realizarase en directo con interacción entre o relator e os/as participantes, que poderán realizar preguntas ou comentarios no momento. Para participar necesítase un dispositivo con micro, cámara e conexión a Internet.  

 

 

Para participar hai que inscribirse neste enlace: https://forms.office.com/r/utcEfY0meC antes do venres 19 de novembro. Logo enviarémosvos o código de acceso e unhas sinxelas instrucións.