martes, 31 de marzo de 2020

Sigamos traballando dende a escola! Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero ENLACE







UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. ENCONTROS VIRTUAIS

Universidade de Santiago de Compostela 
 Encontros Virtuais

Inicio | Universidade de Santiago de Compostela


A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os Encontros Virtuais  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o    Presentacións das titulacións
o    Obradoiros, Retos, etc.
o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o    Pílulas relacionadas coa titulación
o    Concursos
o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.
Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.




RESILIENCIA

 Persona, Cima De La Montaña, Lograr
Paréceme que este é un bo momento para falar sobre a resiliencia.
Trátase da capacidade que temos as persoas para asumir de maneira flexible unha situación límite e sobrepoñernos a ela. Implica adaptarse de maneira axeitada á adversidade, neste caso a unha crise como a que estamos vivindo.
Nunca antes nas nosas vidas nos atopamos nunha situación así , confinados, afastados de moitas das rutinas do noso día a día, e especialmente do trato presencial coas demáis persoas. Especialemente relevante para vos, na vosa franxa de idade, na que precisades dos outros como precisamos do aire.

lunes, 23 de marzo de 2020

Orientación nestes días de Corentena


Desexo que vos sintades acompañad@s e atendid@s  nestes momentos tan difíciles, tanto para vos como para as vosas familias.

Emocións intensas afloran ante unha situación  novedosa e abrumadora como esta. Por si poido servir de apoio aquí estarei. Durante estes días poderedes contactar para calquera consulta de orientación  no correo, 13m998@gmail.com.

Aproveitarei para ir actualizando este antigo blog, colgando enlaces e novas que poidan ser do voso interese.

Desexando vervos de novo na escola!!
Un abrazo forte e coidádevos moito.