Mañá, día 23 de abril celébrase o DÍA DO LIBRO e o "Día Internacional das Rapazas
nas TIC", dirixido a escolares dos últimos niveis de primaria e a
secundaria, grupos de idade que se consideran clave para cambiar a
tendencia ao rexeitamento das carreiras tecnolóxicas entre as rapazas. O
foco das actividades é fundamentalmente inclusivo, traballando con
nenas e nenos desas idades con propostas lúdicas que visibilicen as
posibilidades das TIC e o papel das tecnólogas, investigadoras e
empresarias galegas no campo das mesmas.
Farase unha
multiconferencia web. É importante que coñezades a
realidade diversa de protagonistas deste mundo onde a tecnoloxía xoga un
papel esencial (nas comunicacións, no desenvolvemento de simulacións
informáticas para vencer o virus, no ocio, na cultura...).
Tedes toda a info neste
ENLACE
Data: 23 de abril, xoves, ás 11:00 (ata as 12:00)
Contido: Coloquio virtual con rapazas e rapaces de 4 investigadoras e profesionais galegas nas tecnoloxías