lunes, 6 de marzo de 2017

CONVOCATORIA AXUDASLE: LINGUAS ESTRANXEIRAS

 Convocadas en Galicia axudas a alumnado de ESO e Bacharelato para formarse en Inglés 2017



A Consellería de Educación publicou a Orde do ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/16.
  • Ter acadado no curso 2015/16 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario,  recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

CONCEPTOS FINANCIADOS 
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).

QUENDAS E GRUPOS: todas as actividades serán de formación en inglés e terán lugar en Galicia. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
  • 1º e 2º de Bacharelato: Duración: 1 semana.
  • 1º, 2º, 3º e 4º da ESO: Duración: 2 semanas. 

DATAS: Estarán comprendidas entre a última semana de xuño e finais de agosto de 2017. 

PRAZO E SOLICITUDE: Do 27 de febreiro ao 27 de marzo de 2017. A solicitude realízase en liña ou presencial. 

MÁIS INFORMACIÓN:

No hay comentarios:

Publicar un comentario