Universidade de Santiago de Compostela
Encontros Virtuais
A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non
quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando
os Encontros Virtuais orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en
pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns,
martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o Presentacións das titulacións
o Obradoiros, Retos, etc.
o Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Concursos
o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por
VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas
dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das
videoconferencias.
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de
Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e
quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar
con elas un proxecto vital.
Os Encontros son unha mostra máis dunha
universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo ,
aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que
máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade
civil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario