GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros,
revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas
públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a
cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo
temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os
intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción,
informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un
que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en
castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e
visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e
ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde
un lector de libro electrónico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario