Farase unha multiconferencia web. É importante que coñezades a realidade diversa de protagonistas deste mundo onde a tecnoloxía xoga un papel esencial (nas comunicacións, no desenvolvemento de simulacións informáticas para vencer o virus, no ocio, na cultura...).
Tedes toda a info neste ENLACE
Data: 23 de abril, xoves, ás 11:00 (ata as 12:00)
Contido: Coloquio virtual con rapazas e rapaces de 4 investigadoras e profesionais galegas nas tecnoloxías
O coloquio está dirixido principalmente a estudantes do último ciclo de primaria e secundaria, e aberto á participación en vivo dende todos os fogares interesados de forma moi sinxela. So necesitan conectarse a unha páxina web para recibir a transmisión de vídeo en directo, onde poderán enviar os seus comentarios e preguntas ás participantes a través de texto (ou mediante auriculares con micrófono, se teñen).
As profesionais protagonistas do evento son:
Amparo Alonso Betanzos, Presidenta da Asoc. Española para la Inteligencia Artificial. Catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e Dirixe o grupo LIDIA (Laboratorio I+D en Intel. Artif.) que ten obtido múltiples premios aos seus traballos en Intelixencia Artificial aplicada.
María Fernández Hermida é unha artista dixital galega da industria dos videoxogos. Traballou no Estudio Gato Salvaje traballando na creación de contornas 3D para xogos, guións e descripcións. Dende hay 3 anos é una "Women in Games Ambassador", unha organización que promociona os videoxogos como carreira para as mulleres, organizando charlas e paneles e apoiando ás mulleres na industria.
Isabel Expósito Pérez é enxeñeira en Telecomunicacións da Universidad de Vigo e responsable do laboratorio de metroloxía do centro AtlantTIC. O Centro AtlantTIC é un centro de referencia a nivel internacional de investigación en Telecomunicaciones da Univeresidade de Vigo.
Patricia Mañana Borrazás é arqueóloga, coordinadora de proxectos en DIMENSO e docente no CSIC. Ten máis de 20 anos de experiencia en excavaciones arqueolóxicas, nas que leva dende hai 10 anos aplicando Novas tecnoloxías aplicadas á documentación do patrimonio, como fotogrametría e escáneres de múltiples tipos, 3D, EstaciónsTotais, GPS, Escáner de Luz Estructurada, Láseres de rango corto e terrestre, etc.
Este coloquio permitirá as/aos estudantes coñecer polo miudo o día a día destas mulleres TIC de moi diferentes ámbitos, así como a súa traxetoria e motivacións para traballar neste ámbito.
Inscrición e instrucións
Para participar no coloquio en directo só hai que enviarnos un correo a e-learning@cesga.es indicando o curso e o centro educativo al que perteneñecedes e dende que localidade conectades. Nos enviarémoslles as instrucións para conectar á sesión (moi sinxelo, conectar a unha páxina web, introducir o nome e contrasinal do evento, e listo.Por suposto, para resolver calquera dúbida, escríbannos un correo a e-learning@cesga.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario