martes, 5 de mayo de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE UVIGO

Universidade de Vigo (UVigo) | OCUD  Imaxe dunha tablet conectada á web da UVigo
Dadas as extraordinarias circunstancias que estamos a vivir e ante a imposibilidade de celebrar xornadas de orientación universitaria de maneira presencial, a Universidade de Vigo ten deseñadas unha serie de accións específicas para mantervos informadas/dos  tanto no que se refire ás novidades que imos coñecendo da ABAU e da matrícula, así como sobre a nosa oferta formativa e a vida universitaria. No espazo da nosa web #ConectaCoaUVigo podedes consultar a información polo miúdo.  Entre estas accións, cabe destacar a celebración de dúas xornadas con acceso libre a través da ligazón e clave de acceso que vos indicamos nos carteis, dirixidas ao alumnado de Bacharelato ou ciclos superiores de FP.

Xornada de Orientación Universitaria Virtual, o 13 de maio entre as 17:00h e as 19:30 h AQUÍ 
Xornada de Portas Abertas do día 14 de maio de 11:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h. AQUÍ
Sesións de vídeochat .Para que todas as vosas consultas virtuais dirixidas á Sección de Información ao Estudante (SIE) sexan máis doadas, a Universidade de Vigo pon en marcha unhas sesións semanais #ConectaCoSIE nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE a través do vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula. As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h. Para acceder só tes que premer nesta AQUÍ e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.

No hay comentarios:

Publicar un comentario