martes, 5 de mayo de 2020

NOVOS TÍTULOS DE GRAO EN GALICIA

A oferta do Sistema Universitario Galego para o curso 2020/21 incorpora á actual oferta de graos que podedes consultar nesta ligazón os seguintes,  Universidad | Consellería de Educación, Universidad y Formación ...

 

3 novos títulos de grao :

  • Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas), 

  • Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas)

  • Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 50 prazas). 

4 novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. 

  • ADE + Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), 

  • Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo),

  • Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e 

  • Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo). 

Graos abertos

O curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 10 prazas), o de Enxeñaría Industrial (Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, 8 prazas) e o grao aberto 5USC Enxeñarías (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 10 prazas).
Os graos abertos deben combinar materias de, como mínimo, tres graos da mesma rama de coñecemento, e o número de prazas máximo que poden ofertar é 25. As universidades deben garantir que o alumnado matriculado nestes programas poidan cursar un máximo de 90 créditos; ofrecerlles un proceso continuo de titorización e mentorización; e recoñecerlles a maioría dos créditos cursados no grao finalmente elixido.
O obxectivo desta iniciativa novidosa é ampliar as posibilidades de elección do alumnado ao tempo que se pretende reducir as taxas de abandono ou de cambio de estudos nos primeiros anos de vida universitaria.

6 novas titulacións de máster,

Asemade, os estudantes poderán cursar 6 novas titulacións de máster, en concreto en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial (UDC, Campus da Coruña), en Dirección e Innovación da Supply Chain (UVigo, Campus de Vigo), en Industria 4.0 (UVigo, Campus de Vigo), en Informática Industrial e Robótica (UDC, Campus da Coruña), en Nanociencia e Nanotecnoloxía (USC-UVigo, nos campus de Santiago de Compostela e de Vigo) e en Visión por Computador (USC-UDC-UVigo, nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario