domingo, 24 de mayo de 2020

PROBAS DE ACCESO CICLOS. NOVAS DATAS.

PROBAS CICLO MEDIO e CICLO SUPERIOR

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS:
CICLO MEDIO
1. O día 3 de abril foi publicada a resolución provisoria de exencións e de probas adaptadas. Contra estas resolucións provisorias, as persoas interesadas poderán presentar re-clamación desde o día seguinte á publicación desta resolución e ata o día 28 de maio, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática. As persoas que se acolleron a posibilidade de presentar reclamación a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal non é preciso que fagan ningún trámite novo, xa que a súa reclamación xa foi tramitada.

2.A resolución definitiva de exencións e de probas adaptadas farase pública o día 29 de maio. En caso de resolución denegatoria, figurará na listaxe a causa da denegación. 

 3. O día 29 de maio farase pública a relación de centros públicos onde se vaian a constituir as comisións de realización das probas, así como os centros adscritos. Esta listaxe publicarase en cada centro onde se realice a inscrición e na páxina web htttp://edu.xunta.gal/fp 

4. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 10 de xuño de 2020. 
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. As probas desenvolveranse no horario que se indicade seguido: 
-Ás 9.00 horas: presentación. 
-Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
 -Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica. 

5. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 17 de xuño. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 17 ata o día 19 de xuño, ambos os dousincluídos, no mesmo centro onde se realizara a inscrición. 

6. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 26 de xuño.

7.Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Educación, Universidade eFormación Profesional con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 29 de xuño

CICLO SUPERIOR
1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 11 de xuño de 2020. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e acopia da folla da solicitude de inscrición. 
As probas desenvolveranse no horario que se indicadeseguido:
 -Ás 9.00 horas: presentación.
 -Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá). 
- Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculadaao ciclo formativo a que se desexe acceder, segundo o anexo VII da orde da convocatoria). 

2. A relación provisoria de cualificacións farase pública o día 17 de xuño. Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisoria desde o día 17 ata o día 19 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizara a inscrición.

3. A relación definitiva de cualificacións farase pública o día 26 de xuño 

4.Todas as persoas participantes nas probas de acceso poderán solicitar as certificacións de realización da proba en calquera centro educativo público da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de ciclos formativos de formación profesional, a partir do día 29 de xuño.

Toda esta información e máis AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario