Acción de Verán. CAMPAÑA DE VERÁN 2020
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Consellería de Política Social pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2020.
As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo. Así, a oferta comprenderá actividades para desenvolver en Galicia, coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das rateos monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.
A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, en Galicia.
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN
CAMPAMENTOS
A de 2020 será unha edición atípica da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, derivada da situación de crise sanitaria provocada pola Covid-19.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre sete e dez días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!
- Condicións xerais (servizos ofertados e incorporación aos campamentos, participantes, solicitudes, prazo de presentación, adxudicacións, documentación que deben presentar as persoas participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, protección de datos)
- Campamentos en Galicia
- Enlace a Anexos
- Presentación electrónica de solicitudes (proximamente)
- Consulta de solicitudes (proximamente)
- Consulta aquí a Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí.
Descarga toda a información dos campamentos
DATA DO SORTEO:
A data do sorteo publicarase neste apartado
CAMPOS DE VOLUNTARIADO
Proximamente darase cumprida información da convocatoria
MINICAMPAMENTOS COÑECE GALICIA
Proximamente darase cumprida información da convocatoria
CESIÓN DO USO DE RESIDENCIAS XUVENÍS PARA ACTIVIDADES DE OCIO EDUCATIVO E DE TEMPO LIBRE
Proximamente darase cumprida información da convocatoria
CAMPAMENTOS ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Pode consultarse a convocatoria aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario