martes, 9 de junio de 2020

ENSINANZAS ARTISTICAS SUPERIORES. PROBAS

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgSI0wRQIUlnRZBTkgacfYJ3rF4IHVWq3RvvhddL0EQOPjOEm6xRaiS3C_q7zUmjrWq482YI0XdUQLxk86IVzf6Uh-VkXr3i4l5BJHelEH8XIbn49gIjM8kXVPIjVsiAKquPTleiBC5FCY/s400/Admisi%25C3%25B3n+ensinanzas+art%25C3%25ADsticas.jpg
Probas de acceso para as ensinanzas artísticas superiores para o curso 2020/21:
  • Arte Dramática
  • Conservación e Restauración de Bens Culturais
  • Deseño
  • Música
As devanditas resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia o vindeiro 17 de xuño. 
As solicitudes para participar nestas probas de acceso poderanse presentar desde o día 18 ata o día 29 de xuño, ambos os dous incluídos, por vía telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.es/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As probas substitutivas do requisito de titulación de bacharelato terán lugar o día 6 de xullo en Santiago de Compostela, e as probas específicas para as distintas ensinanzas artísticas superiores darán comezo o día 13 de xullo nos centros educativos correspondentes, de acordo cos calendarios que figuran nas respectivas resolucións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario