viernes, 12 de junio de 2020

PROBAS ACCESO ESCOLA SUPERIOR ARTE DRAMÁTICA


PROBAS DE ACCESO 2020/21
Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.

PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.

PROBAS TELEMÁTICAS | Especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía
As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.

+INFOwww.esadgalicia.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario